Nunha sociedade de ritmos frenéticos e incansables hai que facer peto para os tempos propios. Recorda que o tempo é teu, afórrao con calidade e coidados.
Lote consultar prezo.
Non é un botón, é un iceberg. Un recurso pedagóxico para coñecer e visibilizar esta parte da anotomía esquecida no tempo e espacio. Ademais trae un deseño da vulva con información de interese.
Trátase dun xogo de narrativa, onde as pedras contan a historia que ti precises, unha nova situación na aula, feitos que precisamos comunicar, emocións ou soños que precisamos compartir…cóntanos a túa idea e nós deseñamos o teu contapedras; pintado a man, 12 pedras máximo.
Feminismos no tempo: acontecementos é un xogo de 55 cartas para situar feitos relevantes da historia do feminismo co obxectivo de crear unha liña do tempo. Atoparás catro tipos de cartas: publicacións de obras literarias, obituarios, nacementos e feitos históricos. Ubícate no feminismo e non perdas o tempo!
E o coidado para cando? Ás veces nunca somos a nosa propia prioridade e o corpo, tarde ou cedo protesta. Aquí tes un bote cheo de accións de autocoidado para destapar cando o precises.
Lote consultar prezo.