Que Facemos

Facilitamos diferentes tipos de procesos:

Intervención socioeducativa

Acompañamos procesos de coeducación tanto dirixidos á comunidade educativa como en contextos de educación non formal. Deseñamos proxectos adaptados ás necesidades de familias, profesionais e poboación infantil e adolescente. Partimos da educación emocional como mellor forma de prevención universal e dende ese marco traballamos diferentes temáticas, todas encamiñadas cara a transformación persoal e social:

  • Coeducación emocional
  • Educación menstrual
  • Prevención das violencias machistas
  • Coeducación Sexual Integral
  • Educación en valores: comunicación asertiva, diversidade, autocoñecemento, autoestima, convivencia e botrato, proovención dos conflictos, etc.

Desenvolvemento comunitario

Impulsamos procesos grupais adaptados ao territorio e ao contexto para poñer en valor e visibilizar as redes de apoio, a súa memoria e en definitiva a toda a comunidade. Facilitar alianzas que amosen o poder do territorio e da xente que nel habita.

  • Acompañemento e formación en proxectos de creación de voluntariado social dentro de comunidades.
  • Creación de proxectos e programas de carácter comunitario e participativo.
  • Coidado e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do territorio.
  • Visibilización do papel das mulleres no territorio.

Formación e sensibilización

Ofrecemos procesos formativos a través de metodoloxías vivenciais que buscan a transformación das persoas e grupos. Adaptámonos aos grupos cos que traballamos buscando remover e revertir modelos e relacións. Temos especialidade en diferentes temáticas:

  • Coeducación emocional
  • Transformación e provención de conflitos
  • Xénero e igualdade de oportunidades
  • Educación menstrual
  • Prevención das violencias
  • Sexualidades Diversas
  • Convivencia e Mediación Escolar
  • Habilidades socioemocionais

Crecemento e acompañamento emocional

Desenvolvemos programas e servizos encamiñados a promover o benestar emocional de persoas e grupos poñendo os coidados no centro, promovendo e facilitando procesos que aumenten o autocoñecemento, ingrediente básico para o apoderamento feminista.

  • Creación e acompañamento de grupos de autocoñecemento para mulleres.
  • Acompañamento individualizado e centrado nas persoas.
  • Elaboración e execución de proxectos que poñan o foco no papel dos coidados como eixe central da vida das persoas.

Creación de materiais e recursos didácticos

Traballamos no deseño e desenvolvemento de ideas lúdicas e pedagóxicas que transversalicen os contidos e se concreten en materiais e ferramentas didácticas para o traballo tanto individual, grupal, traballo en aulas ou recursos que sirvan de apoio a profesorado e familias.

Con quen?

Traballamos tanto coa administración pública, coma con entidades privadas e do terceiro sector: centros de ensino, concellos, asociacións, particulares…

E se queres contigo!

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos. Máis información
Privacidade