Que Facemos
Facilitamos diferentes tipos de procesos:
Intervención socioeducativa
Acompañamos procesos de coeducación tanto dirixidos á comunidade educativa como en contextos de educación non formal. Deseñamos proxectos adaptados ás necesidades de familias, profesionais e poboación infantil e adolescente. Partimos da educación emocional como mellor forma de prevención universal e dende ese marco traballamos diferentes temáticas, todas encamiñadas cara a transformación persoal e social:
- Coeducación emocional
- Educación menstrual
- Prevención das violencias machistas
- Coeducación Sexual Integral
- Educación en valores: comunicación asertiva, diversidade, autocoñecemento, autoestima, convivencia e botrato, proovención dos conflictos, etc.
Desenvolvemento comunitario
Impulsamos procesos grupais adaptados ao territorio e ao contexto para poñer en valor e visibilizar as redes de apoio, a súa memoria e en definitiva a toda a comunidade. Facilitar alianzas que amosen o poder do territorio e da xente que nel habita.
- Acompañemento e formación en proxectos de creación de voluntariado social dentro de comunidades.
- Creación de proxectos e programas de carácter comunitario e participativo.
- Coidado e posta en valor do patrimonio material e inmaterial do territorio.
- Visibilización do papel das mulleres no territorio.
Formación e sensibilización
Ofrecemos procesos formativos a través de metodoloxías vivenciais que buscan a transformación das persoas e grupos. Adaptámonos aos grupos cos que traballamos buscando remover e revertir modelos e relacións. Temos especialidade en diferentes temáticas:
- Coeducación emocional
- Transformación e provención de conflitos
- Xénero e igualdade de oportunidades
- Educación menstrual
- Prevención das violencias
- Sexualidades Diversas
- Convivencia e Mediación Escolar
- Habilidades socioemocionais
Crecemento e acompañamento emocional
Desenvolvemos programas e servizos encamiñados a promover o benestar emocional de persoas e grupos poñendo os coidados no centro, promovendo e facilitando procesos que aumenten o autocoñecemento, ingrediente básico para o apoderamento feminista.
- Creación e acompañamento de grupos de autocoñecemento para mulleres.
- Acompañamento individualizado e centrado nas persoas.
- Elaboración e execución de proxectos que poñan o foco no papel dos coidados como eixe central da vida das persoas.
Creación de materiais e recursos didácticos
Traballamos no deseño e desenvolvemento de ideas lúdicas e pedagóxicas que transversalicen os contidos e se concreten en materiais e ferramentas didácticas para o traballo tanto individual, grupal, traballo en aulas ou recursos que sirvan de apoio a profesorado e familias.
Con quen?
Traballamos tanto coa administración pública, coma con entidades privadas e do terceiro sector: centros de ensino, concellos, asociacións, particulares…
E se queres contigo!