Quen Somos

Somos unha cooperativa galega de traballo asociado sen ánimo de lucro de nova creación pero cunha traxectoria no campo da intervención socioeducativa dende o 2006.

Co foco posto nas persoas e as súas diferentes realidades, necesidades e relacións, o noso traballo céntrase na elaboración de proxectos socio educativos para a transformación social dende e para o botrato.

Coma o seu nome indica, as AtalaiAS son lugares ou estruturas elevadas que che permiten avistar territorios e xentes. Para nós, en lugar de vixía, as AtalaiAS somos nós mesmas e representan como observamos unha sociedade en continuo cambio, como pensamos noutras realidades, como aterramos os nosos soños e separámonos ás veces para ollar dende fora certas situacións; tamén representan como coidamos os lugares e xentes coas que camiñamos e baseamos o noso quefacer diario nunha mirada crítica das nosas vidas e a das persoas que acompañamos.

O Equipo

(sociAS traballadorAS)

Como traballamos?

As nosas propostas e intervencións así como as nosas dinámicas internas, buscan contribuír ao cambio de ollada cara unha ética dos coidados e o botrato. Para iso partimos duns piares básicos, fundamentais para a transformación social:

Amigas ou aliadas

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Máis información
Privacidad