Recursos

Benest_ando, o teu caderno do benestar.

Material complementario ao Programa Benestando para mulleres en situación de vulnerabilidade promovido polo Concello de Cabanas. O benestar emocional é unha das bases para acadar unha vida saudable, feliz e plena por iso aquí hai propostas dinámicas que axudarán a conectar con esta parte!

Concello de Cabanas

Ano: 2023

Formato: PDF

O botrato, un concepto a crear e desenvolver.

Trátase dun recurso educativo para difundir a necesidade de visibilizar o botrato como piar necesario a alcanzar se queremos construír unha sociedade xusta e igualitaria. 

Confederación Anpas Galegas

Ano: 2023

Formato: PDF

Adolescencia: avisa e non defrauda.

É un documento para familias, profesorado e calquera persoa adulta que se relacione coa adolescencia. Contén información práctica sobre como acompañar nesta etapa da vida desde o respecto e a calma. 

Concello de Pontedeume e Concello de Cabanas

Ano: 2023

Formato: PDF

Axenda escolar Brincadeira 2023/24

Axenda escolar 2023/24 elaborada para a ANPA A Froula do CEIP de Teixeiro co xogo como protagonista principal. En cada mes atoparás unha proposta lúdica para que o curso académico pase entre xogo e xogo. Ademais conta con enlaces e sitios de interese onde poder seguir xogando e aprendendo. 

ANPA A Froula

Ano: 2023

Formato: PDF

Soños. Unidade Didáctica

Unidade didáctica pensada para traballar a obra teatral Soños. Trátase da primeira representación escénica que amosa a realidade dun piso tutelado dende unha perspectiva realista traballando os prexuízos que existen cara a infancia tutelada na nosa sociedade.

Igaxes

Ano: 2023

Formato: PDF

FanZine Conectividade

Esta publicación é o resultado do traballado realizado durante o proxecto Conectividade para o Concello de Ribadeo realizado dirixido á mocidade entre os 12 e os 16 anos. Como me vexo? como nos ve o resto da sociedade? que intereses teño? son algunhas das cuestións que se resolven neste FanZine creado para achegar un pouco máis esta etapa da vida ao resto da poboación. Elaborado de xeito participativo e contando con diversos axentes da comunidade

Concello de Ribadeo

Ano: 2022

Formato: PDF

EmocionARTE

A publicación «EmocionARTE» é o resultado dun obradoiro de autoestima e empoderamento para mulleres no Concello de As Pontes. Nela recóllese o traballo realizado polas mulleres participantes ao redor das artes traballadas; dito documento serviu como mostra para o acto de clausura que se realizou o 30 de setembro na Casa do Peso.

Concello de As Pontes

Ano: 2022

Formato: PDF

Xogada Mestra

Trátase dunha guía de recursos para profesorado e familias, que ofrece ferramentas educativas para favorecer a construción de relacións e espazos de xogo inclusivos, diversos e libres de estereotipos de xénero. Enmárcase dentro do Programa “O Patio conta” para promocionar a coeducación e a prevención da violencia machista.

ANPA Río de Va do CEIPP Os Casais

Ano: 2022

Formato: PDF

Caderno para aprender cos cambios

Trátase dunha guía de educación menstrual para acompañar ás nenas durante a puberdade. Forma parte dun proxecto de educación menstrual levado a cabo no CEIP Eladia Mariño do Concello de Cabanas que tiña como obxectivo crear un espazo seguro onde poder desmitificar e aclarar dúbidas sobre o ciclo menstrual.

Concello de Cabanas

Ano: 2021

Formato: PDF

Comes ou tragas? Caderno para comerse o mundo e… non tragarse nada.

Comes ou tragas? é un xogo de cartas sobre hábitos saudables e benestar, impulsado polos Concellos de Pontedeume e Cabanas, dentro do programa de prevención de drogodependencias e outras adiccións. Consiste nun xogo de memoria formado por 28 cartas divididas en 7 categorías (identidade, comunicación, relaxación, tempo libre sa, diversidade, alimentación, prácticas sexuais sas), con catro cartas de cada unha delas), no que ademais de imaxes tamén se pode atopar información sobre as diferentes categorías tratadas. O caderno para comerse o mundo…e non tragarse nada, está vencellado ao xogo de cartas Comes ou tragas? e trátase dunha ferramenta a modo de libreta-diario para que a mocidade poida escribir, exprerase artísitcamente e aprender algunhas curiosidades sobre o benestar e os seus elementos.

Concellos de Pontedeume e Cabanas

Ano: 2021

Formato: PDF

PATIOS LILAS: Transformación dos espazos e relacións a través dos xogos e xoguetes

Patios Lilas é unha guía didáctica elaborada dentro dun proxecto de coeducación para a ANPA A Froula do CEIP Teixeiro que tiña como finalidade analizar e transformar os espazos de xogo e os patios. Está dirixida ao profesorado e famlias dando pautas sobre como iniciar pequenos cambios que permitan transformar os espazos de xogo e as relacións que nel se dan.

ANPA A Froula do CEIP Teixeiro

Ano: 2021

Formato: PDF

O valor do non contado

Unha peza audiovisual protagonizado por mulleres do concello de Cabanas que participaron nos obradoiros organizados pola concellaría de igualdade. O documental amosa as actividades e dinámicas nas que participaron as mulleres que acudiron a estes obradoiros, ao tempo que tamén revela as entrevistas persoais sobre as súas vidas, co fin de dar visibilidade e recoñecemento ao papel da muller na vida de Cabanas.

Concello de Cabanas

Ano: 2021

DesLIGAte I e II

Existen moitas formas de violencia sobre as mulleres mais algunhas delas pasan desapercibidas. As investigacións demostran que só arredor do 6 % das noticias deportivas teñen como protagonistas mulleres, cando son elas as que maiores éxitos deportivos están acadando nos últimos anos. As rapazas, igual que pasa coa maioría das carreiras STEM, son unha minoría nos graos de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Este xornal tenta sensibilizar sobre a invisibilización de certas profesións realizadas por mulleres, neste caso as vinculadas ao deporte, e sobre as violencias machistas.

Oficina para Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade de Coruña

Anos: 2020 e 2021

Formato: PDF

Acompañar nas emocións

Acompañar nas emocións. Manual para familias e profesionais da educación é unha guía sobre cómo xestionar e comprender o mundo emocional das crianzas. Que son as emocións e como se sinten así como claves e recursos para un acompañamento consciente e afectivo para educar dende as emocións.

Concello de Cabanas

Ano: 2020

Formato: PDF

En deuda con todas

En deuda con todas é un recurso didáctico destinado a traballar os dereitos sexuais e reprodutivos (DSR) coa adolescencia e contribuír á loita global das mulleres na súa reivindicación e dende unha perspectiva feminista. A guía toma como punto de partida o documental do mesmo nome. Este recurso educativo está especialmente dirixido a docentes e entidades que traballan coa mocidade para ofrecer ferramentas coas que traballar os DSR nun espazo de confianza, ofrecendo información que permita corrixir mitos e crenzas erróneas que xeran discriminacións.

Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia (ACPP Galicia)

Ano: 2020

Formato: PDF

Sexo con-sentido

Unidade didáctica creada durante o confinamento como alternativa para aqueles grupos cos que non se puideron realizar os obradoiros de coeducación sexual de forma presencial. Conta conceptos básicos explicados de xeito ameno e inclúe proposta de actividades para desenvolver.

Programa de coeducación afectivo sexual para as aulas de 2º da ESO do Concello de Narón

Ano: 2020

Formato: PDF

Come cocos das emocións

Material lúdico educativo para axudar a identificar e expresar emocións. Que che provoca medo, alegría ou rabia? Un divertido recurso para elaborar o teu propio come cocos e deixar de comerte o coco compartindo as túas emocións!

Elaboración Propia como apoio aos proxectos de coeducación emocional

Ano: 2020

Formato: PDF

E ti, de que pau vas?

Trátase dun xogo de cartas chamado “E ti…de que pau vas?”, que á súa vez é unha guía informativa sobre sexualidade para mocidade. Pódese usar para informarse e aprender sobre conceptos e ideas acerca das diversas sexualidades e por outro, empregar a baralla para xogar aos diferentes xogos de cartas habituais pero coa temática das sexualidades moi presente como pano de fondo (permitíndolles así, ás persoas xogadoras, falar do tema, facerse preguntas, crear debate, cuestionar mitos, ampliar información, etc.).

Concello de Narón

Ano: 2019

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento e para fins analíticos. Ao facer clic no botón Aceptar, acepta o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos. Máis información
Privacidade